|
Páginas 220 Formato: 16,5 x 24 cm
|
DEPORTE E AVENTURA NA COSTA DA MORTE
A Costa da Morte é, sen dúbida, un dos lugares máis fermosos de toda Galicia, un punto onde a inmensidade do mar deixa que os ollos do visitate se sintan asolagados de soños e historias imposibles. Hay unha serie de disciplinas deportivas que non só gozan dun gran número de adeptos nesa zona, senón que se benefician dunha serie de características inmellorables para a súa práctica. Este volume pretende divulga-las excelencias dunha serie de modalidades, deportivas e, sobre todo, deixar constancia de que o escenario para a súa práctica non pode ser mellor ca este. Deportes como a monta a cabalo, o senderismo, o cicloturismo, o 4 x 4, a pesca de mar con cana, pesca submarina, pesca de río, a caza, o deporte da vela, o surf e o remo, atopan na Costa da Morte os lugares ideais para gozar do seu exercicio. Cada un dos capítulos foi escrito por xente experta na materia, por auténticos especialistas que divulgan os seus coñecementos co propósito de que ti, lector, non só aprendas algo máis sobre un dos sitios máis fermosos da comunidade autónoma, senón tamén que te familiarices coa práctica dunha serie de modalidades deportivas que, ata hai ben pouco, só estaban ó alcance de poucas persoas.
Índice: Introducción Senderismo A práctica do senderismo
Cicloturismo Sobre dúas rodas
Rutas a cabalo Xinetes na fin de século
Motor 4x4 Salvando tódolos obstáculos
Caza Certeiros e selectivos
Pesca Pesca da troita
Pesca de mar con cana
Pesca submarina
Os bos enderezos Cartas náuticas
Surf Cabalgando nas ondas
Vela Co impulso do vento
Remo Cortando as ondas
SUXERENCIAS PARA COMER E DURMIR OUTROS ENDEREZOS DE INTERESE |