| 
Formato:
22x15
Páginas128
|
RELATOS
MARIÑEIROS
Relatos mariñeiros componse dunha
vintena de narracións curtas que teñen como referencia e
inspiración a comunidade de pescadores galegos das Mariñas,
asentados na Habana durante os anos trinta, corenta e cincuenta do seculo
XX. Vinte historias de mariñeiros e emigrantes galegos no Golfo
que reconstrúen vidas anónimas penduradas dun fío,
fuxindo dos feros ciclóns e doutras situacións arrepiantes;
vidas ancoradas na saudade da terra e das xentes que abandonaron. Relatos
de vidas de mariñeiros artistas como o Leandro, o corpudo gaiteiro
que levaba todo un país no fol, o Mariano que tocaba o saxofón,
o Xan o Cativo, moi mañoso no seu vello acordeón, ou o Santiago,
que co seu lapis de cores retrataba a cada un dos compañeiros de
tripulación. Mariñeiros namorados e comprometidos como o
Daniel, aquel mozote de Camariñas que nunca esquecerá a
súa namorada primeira; o Xaquín, o vello pescador da Malata
que sentía polo mar unha mestura de amor e xenreira; o negro Eliseo,
un Goliat antillano que cos galegos da Casa Branca aprendeu a fala nosa;
ou o Xoán Barreiro, dirixente do Sindicato de Viveiristas.
Relatos
mariñeiros, pola súa complexa e premeditada brevidade, pola
súa prosa cristalina, polo seu esforzo de destilación léxica,
e pola construcción dunhas tramas enchidas de emoción, apoiadas
nas ilustracións narrativas de Xaquín Marín, constitúe
unha das máis valiosas achegas dun dos clásicos vivos da
literatura galega. |