|
Tamaño 20 x 24,5 Páginas: 192
|
OS NAUFRAXIOS DA GALICIA NORTE (Provincia Marítima de Ferrol). Volume
II Neste traballo recóllense os sinistros acontecidos principalmente ao longo do segundo terzo do século pasado que, por motivos diversos, non se puideron incluír no primeiro volume. Trátase de embarcacións de pequeno porte dedicadas principalmente á actividade pesqueira: boniteiros, tarrafas de vapor, bous, bacas, lanchas, bucetas, motoras, botes, pequenas chalanas ou embarcacións de tráfico interior, á parte dalgún outro caso xa publicado que agora expoñemos con máis completa información. Compendiamos co maior rigor documental posible, nunha obra de estrutura catalogada, todos aqueles naufraxios dos cales tiñamos vagas noticias pola tradición oral, as lendas locais, as noticias periodísticas ou os topónimos costeiros.
Índice:
|