Tamaño: 20 x 24,5 cm Páginas: 487
|
OS NAUFRAXIOS DA GALICIA NORTE (Provincia Marítima de Ferrol)
A fatalidade, as dificultades da navegación nunha costa chea de perigos... estas causas orixinaron que no fondo das nosas costas durman centos de pecios de barcos naufragados. Dalgúns deles non temos nin chegaremos a ter noticias, pero doutros moitos, por fortuna, gracias ó interesante traballo de investigación realizado por Hixinio Puentes, podemos agora coñece-la súa historia e localización concreta. Neste libro o autor achéganos dun xeito ameno e pormenorizado unha moi valiosa información sobre os naufraxios ocorridos na provincia marítima de Ferrol, o litoral comprendido entre a ría de Ares e a Punta da Cruz de Ribadeo. A través de fotografías, mapas e documentación de diversos tipo, describe os afundimentos de naves e embarcacións, relatándonos con todo luxo de detalles as impresionantes experiencias humanas vividas polos mariñeiros do litoral norte de Galicia, dándonos a coñecer, xa que logo, unha parte fundamental da nosa historia
Índice:
|