Formato: 14,5 x 22

Págs.: 127

 

O CORSARIO

Vida e tempos de Juan Gago de Mendoza

 

Juan Gago de Mendoza, o señor do Chirleu, foi un dos capitáns e armadores corsarios galegos máis coñecidos durante a guerra de guerrillas no mar contra os ingleses, a finais do século XVIII e, posteriormente, por organizala en terra contra os franceses como comandante das alarmas do Morrazo durante a Guerra da Independencia. Nacido en 1761 na Casa da Brea, na freguesía de San Tomé de Piñeiro, no camiño entre Marín e Cangas, capitaneou, xunto aos seus irmáns (José Bernardo, Pedro e Antonio) e a bordo da súa pinaza Carmen, alias a Vencedora, algún dos episodios máis que foron sometidos pola corbeta inglesa Kinisfin nos primeiros días de 1799. Froito dunha investigación rigorosa e moi documentada, Alberto Fortes ofrece un trepidante relato, onde a presenza constante do mar e a reconstrución da biografía épica do Señor de Chirleu e dos membros da súa familia permítelle descubrir ao lector do hoxe a historia descoñecida do corso no sur das rías galegas.

 

Índice:

Prólogo

I. Linaxe e familia: os Gago de Mendoza de Pontevedra e a rama que se estableceu en San Tomé de Piñeiro no século XVII

II. Os anos de xuventude: enfrontamento co marqués de Monteleón na taberna de Seixo

III. Primeiras campañas de corso: combates co Kinisfin, bergantín destinado polo almirantado inglés para combater os corsarios de Galicia

IV. Segunda campaña de corso

V. Comandante das alarmas do Morrazo durante a Guerra de Idenpendencia

VI. Ruína e morte

Notas

Árbore xenealóxica dos Gago de Mendoza

Fondos documentais consultados

Bibliografía de Referencia