Formato: 25 x 25 cm.

Páginas: 222

 

MANS SALGADAS

UN LIBRO SOBRE O MAR DE GALICIA

 

Galicia cheira a sal, ten ollos de mascato e mans de peixeira. De babor a estribor, de barlovento a sotavento, de popa a proa, o país está cruzado polo mar. Este monumental documento, esta vivísima obra de arte que é o libro de Javier Teniente penetra ese corazón mariño.
Este é un libro excepcional. As de Javier Teniente son fotos cargadas de humanidade, de vida, de intensidade. O seu mar é un mar profundamente humano, doloroso e dolorido. Mans salgadas percorre todo o ciclo do mar, arrastrándonos ás súas entrañas cun certeiro golpe de vista, cun oportuno golpe de mar.

En edición trilingüe (galego-inglés-castelán), un impresionante libro fotográfico sobre o mar de Galicia e os seus mariñeiros, un monumental documento sobre esa Galicia que define a súa identidade a través do mar. O libro, que se imprimiu no mes de novembro, leva un colofón urxente onde se lamenta a catástrofe que a marea negra do Prestige supón para Galicia. Un libro excepcional, un libro de fotografías sobre o mar e sobre a pesca realizadas polo fotógrafo Javier Teniente, un libro que supón unha auténtica radiografía creativa da identidade mariñeira de Galicia. De babor a estribor, de barlovento a sotavento, de popa a proa, o país está cruzado polo mar.

Este monumental documento, vivísima obra de arte, penetra ese corazón mariño de Galicia e das súas xentes do mar. Fotos cargadas de humanidade, de vida, de intensidade. O seu mar é un mar profundamente humano, doloroso e dolorido. Dos estaleiros á ardora da sardiña, do Gran Sol á costeira do bonito, dos estibadores aos percebeiros, do marisqueo á lonxa, Mans salgadas percorre todo o ciclo do mar, arrastrándonos ás súas entrañas cun certeiro golpe de vista, cun oportuno golpe de mar.

Javier Teniente (Vigo, 1968) cubriu conflictos provocados pola acción da guerra, a marxinación e os desastres naturais como a seca de 1998 en Mauritania, o furacán Mitch en Centroamérica (1998), o éxodo de refuxiados kosovares cara a Albania (1999), os asolagamentos en Mozambique, a sida en África (2001) ou Ecuador, de norte a sur (2002). Participou en numerosas exposicións, individuais ou colectivas en varios países do mundo e é autor de varios libros de fotografía.