Formato: 17 x 24

Páginas 547

 

HISTORIA DA COSTA GALEGA E OS SEUS NAUFRAXIOS

SECULO XX

 

“Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)”, é o resultado dunha longa investigación en torno ás páxinas máis dramáticas, escuras e lendarias que o mar galego escribiu sobre as embarcacións que o surcaban e ás que fixo naufragar nas nosas costas. A partir dunha valiosa información recuperada de arquivos e da memoria das xentes, Fernando Patricio reconstrúe minuciosamente, ano tras ano, esa crónica dramática, épica e lendaria, que, non o esquezamos, en moitos casos foi sinónimo de traxedia e de morte. Cunha importante documentación gráfica e unha pormenorizada información, recupera para a nosa memoria a traxedia de todos e cada un dos buques que naufragaron na costa galega, desde o Serpent ao Prestige, pasando pola negra estirpe do Polycommander, Urquiola, Andros Patria, Casón, Aegean Sea, etc., sen esquecer determinados contextos históricos fundamentais como o desenvolvemento da industria conserveira e a expansión do sector naval en Vigo, a consignación migratoria en Galicia, os acontecementos militares das dúas guerras mundiais, a Guerra Civil, os apresamentos, os temporais e furacáns, a mítica memoria da Costa da Morte e do seu fotógrafo Ramón Caamaño, as illas, os faros, así como a reprodución das cartas mariñas cos naufraxios rexistrados en Galicia ata o século XX.

 

Índice

  • Presentación
  • Limiar
  • Aclaración obrigada
  • Aztualizacións
  • Ano 1900 - 1901 - 1902 - 1903 - 1904 - 1905
  • Desenvolvemento e auxe da industria conserveira en Vigo
  • Ano 1906 - 1907 - 1908
  • A expansión no sector da construcción naval viguesa
  • Ano 1909
  • A consignación migratoria en Galiza
  • Ano 1910 - 1911 - 1912 - 1913 - 1914
  • O inicio da I Guerra Mundial (1914-1918)
  • Ano 1915 - 1916
  • Os primeiros ataques submarinos almenáns nas augas galegas
  • Ano 1917 - 1918 - 1919
  • O caso dos submarinos alemáns no arsenal de Ferrol
  • Ano 1920 - 1921 - 1922 - 1923 - 1924 - 1925 - 1926 - 1927 - 1928 - 1929
  • 1930 - 1931 - 1932 - 1933 - 1934 - 1935 - 1936
  • A Guerra Civil española
  • Ano 1937. O apresamento do cargueiro republicano Mar Cantábrico polo cruceiro da armada franquista Canarias
  • Ano 1938 - 1939
  • Comezo da 2ª Guerra Mundial
  • Ano 1940 - 1941
  • O capítulo secreto entre o acoirazado alemán Birmarck e o cruceiro español Canarias
  • Ano 1942 - 1943
  • A supremacía naval aliada
  • Ano 1944 - 1945 - 1946 - 1947 - 1948 - 1949 - 1950
  • 1950 Arredores da Illa de San Simón: escenario dunha traxedia
  • 1951 - 1952 - 1953 - 1954 - 1955 - 1956 - 1957 - 1958
  • Xosé Teira, unha lenda viva baixo as augas
  • 1959 - 1960 - 1961
  • A guerra do Cantábrico 13 e 14 de Xullo
  • 1962 - 1963 - 1964 - 1965 - 1966
  • O Temporal de frebeiro do 1966
  • 1967 - 1968 - 1969 - 1970 - 1971 - 1972 - 1973 - 1974 - 1975 - 1976 - 1977 - 1978
  • Furacán na costa 11 ó 16 de decembro
  • 1979 - 1980 - 1981 - 1982 - 1983 - 1984 - 1985 - 1986 - 1987 - 1988 - 1989 - 1990
  • 1991 - 1992 - 1993 - 1994 - 1995 - 1996 - 1997 - 1998 - 1999 - 2000 - 2001 - 2002
  • Prestige A culminación do abondono secular español a galiza
  • Illas máis importantes do litoral galego
  • Faros máis importantes do litoral galego
  • Nota estadística final
  • Cartas mariñas cos naufraxios rexistrado en Galiza ata o siglo XX