|
Formato: 21,5 x 30,5 cm Págs.: 48 |
Galicia nas Guerras Napoleónicas A RETIRADA DE SIR JOHN MOORE
Nos derradeiros días do ano 1808 Sir John Moore, xefe das tropas expedicionarias británicas que operan na península, decide retirarse á Coruña e embarcar para Inglaterra ante a amenaza de Napoleón, que o persegue pola meseta á fronte dun temible exercito. Teixugo, un arrieiro galego que anda nese momento por terras leonesas, dá de fociños con ambolos dous exércitos, o inimigo francés e o aliado británico, que lle requisan respectivamente as mulas e o cargamento de sardiñas que transporta. Ante tan ruinosa situación, Teixugo retorna á Galicia e únese ao abade da súa parroquia, capitán dunha partida de espontáneos guerrilleiros. O abade ordena de contado recuperar mulas e sardiñas, pois a Igresa ten, como se sabe, o dez por cento neses negocios. Mais forza tan cativa, aínda contando coa inestimable axuda de Deus, non é que de se impor a exércitos tan potentes. Finalmente, baixo o racional e ilustrado consello da súa tía, Teixugo e a súa cuadrilla recorren á astucia para recuperaren o roubado, chegando nesta aventura a se meter mesno no fragor da batalla de Elviña. |