Formato: 13 x 20

Páginas 229

ILLAS DE GALICIA

 

Galicia, ó longo dos seus 1.195 quilómetros de costa, conta con moitas illas.

Algunhas habitadas ata tempos recentes, outras desertas, inhóspitas, inalcanzables.

A sucesión de rías, penínsulas, cabos, puntas e enseadas da nosa costa adórnase con estes pequenos paraísos onda, aínda hoxe, as aves mariñas crian a salvo dos seus inimigos e solitarios fareiros alumean os camiños do mar.

Da man de Estanislao Femández de la Cigoña, mariño de profesión e apaixonado estudioso da natureza galega, o lector fará un detido percorrido polas grandes illas galegas: Cíes, Ons, Onza, Sálvora, Noro, Vionta, Herbosa, San Simón, Tambo, Cortegada...

Coñecerá a súa orixe, morfoloxía, fauna e flora, historia das súas comunidades humanas, túneles e furnas, cruces mariñas e de mala morte...

Libro obrigado para o viaxeiro que queira descubrir e disfrutar destes anacos de terra galega.