|
Formato: 15 x 21 cm Págs. 141
10 € |
TRÁFICO MARÍTIMO E FLUVIAL NOS PORTOS DO SUR DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (Séculos XIII-XVII)
O presente libro constitúe unha importante achega histórica sobre un tema pouco estudado en Galicia e, en particular, no sur da provincia de Pontevedra e fronteira con Portugal. Non se cingue só ao tráfico de persoas e mercadorías, senón que tamén conta con capítulos dedicados á piratiería nas nosas costas, aos diferentes tipos de embarcacións e á pesca no Miño (ocupación rendible antano: lamprea, salmón, anguía, sollos (esturións), sollas, zamborcas, meixóns ou angulas, etc.). Compleméntase cun amplo apéndice de documentos na súa maioría inéditos, procedentes de protocolos notariais e dos arquivos catedralicio e diocesano de Tui. Unha obra de obrigada consulta para cantos queiran coñecer a historia do tráfico marítimo e fluvial en Galicia nas idades Media e Moderna e, en particular, no territorio do bispado de Tui (agora denominado de Tui-Vigo), ao que pertence toda a orela sur da ría de Vigo, a costa atlántica entre Baiona e a foz do Miño e o treito navegable deste río. Os portos máis importantes eran os de Baiona, Vigo, Redondela e Bouzas.
Índice:
|