Formato: 17 x 24

Págs. 242

ASTRONOMÍA PRÁCTICA E OUTRAS COUSAS

 

Gracias ao estudio dos astros hoxe podemos coñecer e entender algo máis o mundo no que vivimos, disfrutar da súa observación e soñar ou imaxinar outros mundos. Sabemos que non somos o centro do Universo, que viaxamos a bordo dun planeta xunto a unha estrela, vital para a nosa vida, pero unha máis de tantas que hai no Universo.

Causa tristura saber que, ás portas do seculo XXI, nalgúns centros de ensino do planeta aínda non é posíbel estudiar, como é debido, dúas das teorías científicas aludidas neste libro (o big bang e a evolución), por mor de diversas restriccións e prohibicións. Este celo reaccionario que pretende negar todo espírito crítico, base de calquera formación científica, convive perfectamente coa superstición máis absurda que se manifesta, p.e., na extraordinaria difusión de horóscopos e outras prediccións astrolóxicas ou nos medos que aínda afloran, en diversos sectores da poboación, ante unha eclipse de Sol anunciada.

De aí que á idea orixinal deste traballo, a de recopilar unha serie de prácticas de astronomía para a súa realización, de forma interdisciplinar, no 2º ciclo da ESO e no Bacharelato, se lle engadira polo camiño outro obxectivo: o de presentar, na medida do posíbel, algunhas claves do coñecemento científico, particularizado neste caso na astronomía e, dalgún xeito, nas ciencias físicas. Neste sentido, preténdese resaltar a dimensión histórica da formación científica e reivindicar este tipo de coñecemento como un elemento cultural máis, tan vencellado aos nosos anhelos e soños como calquera outro dos que conforman ao ser humano.

 

Índice:

  • Introdución
  • Escalas no Universo
  • Lendo no ceo.
  • Modelos tridimensionais de constelacións.
  • ¿Como contar as estrelas visíbeis?.
  • A bóveda celeste e os planisferios.
  • ¿Onde atopar un astro?.
  • ¿Como se move a Terra?.
  • O gnomon, as estación do ano e a duración dos días.
  • Determinación do meridiano e do mediodía do lugar.
  • ¿Por que vai máis calor no verán?.
  • Medidor de coordenadas ecuatoriais.
  • Reloxos de estrelas ou nocturlabios.
  • Reloxos do Sol. Fundamento e construción.
  • Navegar coa axuda das estrelas.
  • ¿Como nomear as estrelas?
  • Luminosidade e brillo das estrelas: un método para coñecer a súa distancia
  • Aparello para seguir a traxectoria dos planetas
  • A física de Aristotéles: o modelo antigo e a astronomía medieval
  • ¿Como sabemos que a Terra se move?
  • Astronomía e astroloxía: ciencia e superstición
  • ¿Como se move aLúa?
  • Calendarios
  • Cometas, meteoros e meteoritos
  • ¿Como medimos distancias no Sistema Solar?
  • Telescopios e prismáticos
  • Astrofotografía: ¿como fotografae estrelas?
  • Sobre espectros estelares e o arco iris
  • ¿Por que o ceo é azul e o Sol, algunhas veces, máis vermello e grande?
  • Observación das manchas solares
  • Algunhas características das estrelas e novos métodos para coñecer a súa distancia
  • A gravitación e a formación e evolución das estrelas
  • Da física clásica á física relativista
  • A expansión do Universo
  • Epílogo: ¿Estamos sós na galaxia?