|
Formato: 13 x 20 Páginas: 351 |
PEIXES DO MAR DE GALICIA II Peixes óseos, coas súas xeneralidades, clasificación e orde perciformes
Logo da publicación do primeiro volume de Peixes do mar de Galicia, con esta nova entrega cúbrese un importante ámbito do coñecemento da cultura do mar de Galicia: Os peixes óseos, coas súas xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Trátase dun libro que, como o anterior, afonda na identificación, coñecemento e estudio dos peixes, partindo do traballo de investigación e divulgación que os seus autores -biólogos de experimentada e recoñecida traxectoria- levan a cabo día a día. Xavier V ázquez -inspector pesqueiro en Bruxelas- e X. L. Rodríguez Villanueva -na actualidade profesor no Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa- ofrécennos a través desta serie de libros, e sempre coas raíces no seu profundo amor ó mar, unha visión ordenada e clarificadora dos enigmáticos e indispensables habitantes das nosas augas, con excelentes ilustracións, magníficos debuxos e unha lectura útil, doada e práctica. |