Tamaño: 13 x 19 cm

Páginas: 92

Manual do alumno de mergullo con tubo

 


É importante realizar un curso de mergullo con tubo, xa que non só che dará a destreza necesaria, senón que tamén che proporcionará os coñecementos necesarios para evitar calquera situación comprometida e unhas pautas a seguir.

 

CONTIDO:

Coñecer o equipo básico de mergullo con tubo e o seu axuste, os sinais internacionais CMAS e desenvolverse na auga co equipo básico.

Coñecer os efectos do aumento da presión no noso corpo, os perigos da hiperventilación e gañar acuicidade.

Baleirar a auga do tubo e a máscara a diferentes profundidades e percorrer somerxidos en apnea varias distancias.

Aprender varias formas de entrar na auga e gañar acuicidade.

Coñecer as bandeiras de sinalización na superficie e perfeccionar a inmersión en apnea.

Coñecer as normas de seguridade para o mergullo con tubo e as técnicas de autorrescate.

Coñecer cómo se debe entrar e saír da praia con augas tranquilas e con augas movidas para practicar os exercicios aprendidos.

Aprender a utilizar todo o equipo necesario para mergullarse con tubo en mar aberto.

Coñecer as técnicas de autorrescate e rescate, saber dispensar os primeiros auxilios, a RCP e o soporte vital básico.

Coñecer os sinais CMAS que se empregan no mergullo con tubo.

Coñecer os principios básicos da física aplicada ó mergullo.

Coñece a adaptar os principios de flotabilidade e os fenómenos ópticos, acústicos e térmicos no medio acuático.

Coñecer a fisioloxía básica e patoloxías máis comúns no mergullo con tubo.

Coñecer as técnicas de autorrescate e rescate, saber dispensar os primeiros auxilios, o soporte vital e RCP nos casos que sexa necesario.

Coñecer a planificación e organización do mergullo con tubo.